29/10/08

FOTOS DA LIMPEZA DO RÍO CASELAS

Por fin!! Ahí van esas fotos que demostran o gran traballo feito. Gracias a Raúl e a Sandra Sendín por este valioso documento gráfico
















































































21/10/08

PRÓXIMA REUNIÓN: VENRES 24 ÁS 21:00 NA DEVESA

Os puntos na orde do día son:
  1. Subvencións.
  2. Magosto.
  3. Xornada de concienciación.
  4. II Festa Trezecatorzeadora.
  5. Rogos, preghuntas,...

P.D: Prégase ao señor tesoureiro que leve toda a documentación herdada da anterior ocupante en tan honroso cargo institucional, ok?

2/10/08

LIMPEZA DO RIO CASELAS O 4 DE OUTUBRO‏

A vindeira actividade da A.C.D.E. Treze Catorze volve a estar relacionada coa ecoloxía, e como no pasado mes de xuño o protagonista volve a ser o río Caselas. E aínda que os tempos sexan monótonos e preguiceiros (como diría o outro) esperamos a máxima participación nesta iniciativa na que colaboraremos con Adega e o Proxecto Ríos.




O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos.

Como novidade nesta campaña de outono estase a organizar unha limpeza simultánea de ríos para o sábado 4 de outubro. A limpeza desenvolverase en colaboración con entidades e concellos que participan no Proxecto Ríos. . Un dos problemas máis salientables que sofren os nosos ríos é a gran cantidade de lixo que aparece nos cauces e ribeiras. Dende o Proxecto Ríos queremos concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos como premisa para a conservación da súa saúde. A limpeza non pasa só por unha actividade illada dun día de retirada de lixo. Para a conservación dos ecosistemas fluviais cómpre desenvolver actitudes responsábeis cara o medio natural e depende de todos/as frear a contaminación que están a sufrir os ríos.





Os interesados (non socios) que queiran participar deben poñerse en contacto con Fran Rey (chamar ao 615421199).

Os socios xa saben a que hora é...