30/3/11

Xeopatrimonio Da Serra Do Galiñeiro - Monte Aloia

O vindeiro sábado, 9 de abril as 19:00 horas no Antigo Convento de Santo Domingo, rúa Antero Rubín, en Tui se celebrará a

CONFERENCIA: Xeopatrimonio da Serra do Galiñeiro - Monte Aloia

dirixida polo Clube Expeleolóxico Maúxo e o Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal

A conferencia constará de duas partes:

PARTE 1: Orixe xeolóxica, que correrá a cargo de D. Juán Ramón Vidal Romaní, Catedrático de Xeoloxía da Universidade de A Coruña .

PARTE 2: As Covas: Tesouros xeolóxicos baixoterreños inéditos. a cargo de D. Marcos Vaqueiro Rodríguez, Presidente do Clube Espeleolóxico Maúxo.

Non volo perdades.

21/3/11

Noraboa Oscar!

Oscar Requejo, veciño de Salceda de Caselas, secretario do Grupo Micolóxico Galego e compañeiro e socio da Asociación Treze Catorze, ven de editar a Guía Micolóxica do Río Caselas. A presentación deste libro tivo lugar no Muíño dos Cregos (Laxe) e asistiron ademais do autor, Marisa Castro, Presidenta de Honra do Grupo Micolóxico Galego e Marcos Besada, alcalde de Salceda.O alcalde salientou a valía e recoñecemento do autor, residente en Salceda. Ademais xustificou que o Concello de Salceda de Caselas colaborara financiado este proxect
o, xa que o considera o complemento perfecto á Senda e ó Parque Etnográfico dos Muíños do Río
Caselas.
Oscar Requejo, pola súa banda pediu que se lea o libro enteiramente, xa que é a maneira de aprender e comprender o mundo dos fungos. Quixo destacar a importancia destes seres vivos e a súa función na natureza e nos ecosistemas e que é importante conservalos e protexelos. Salientou que no libro aparecen unhas 100 especies das máis de 200 que xa ten catalogadas no entorno do Río.
Marisa Castro agradeceu o traballo de Oscar, que o cualificou de responsable, estrito e meticuloso. Chegou a afirmar que “está nacendo un piar da micoloxía galega”.
Este é o primeiro libro sobre a micoloxía en Salceda de Caselas escrito por por un dos máis expertos na materia en toda Galicia, Oscar Requejo. Con esta publicación pretendese dar a coñecer todos os cogomelos que habitualmente podemos encontrar no entorno do noso Río e poder catalogalos. Podemos atopar os cogomelos mais habituais, pero tamén os mais raros. Temos que ter en conta que hai que respectar os fungos e non facer un mal uso deles, xa que nas últimas décadas sufriron constantes agresións ata o punto de que algúns están en perigo de extinción.

11/3/11

OS 13-14 GAÑAN O ABERTO DE BILLARDA DE SALCEDA... E NON É TONGO!!

Por fin!! Os xa veteran@s palanadores/as da Asociación 13-14 conseguen, por vez primeira, gañar un aberto da LNB Sur.

Tras quedármonos ás portas do triunfo no aberto de Bueu cunha fantástica actuación de Penkas (o noso palanador máis mozo) e a xa favorita Paulinha, conseguindo chegar ambos ás semifinais... esta vez ninguén puido arrebatarlle o título aos 13-14.

Desta volta, chegou dabondo coa dobre vitoria dos 13-14 con David como vencedor individual e grandes actuacións do sub-campión da liga, Chiwi. Ademais, un enorme Fonso sorprendeunos co seu xogo máis especatacular chegando a ser cuartofinalista.

Noraboa a todos e todas e a seguir así!

Moitas gracias á LNB Sur pola súa colaboración e gracias tamén a todos aqueles que vos achegastes ata Salceda para disfrutar deste deporte (próximo xa a ser Deporte Olímpico).

Saude!!


1/3/11

III Aberto de Pincha de Salceda (o verdadeiro)


Este sábado ghran campionato de pincha en Salceda!!
Pasádevos polo campo de fútbol que hai detrás do pavillón a partir das 16:00 h.
E logo imos mover o esqueleto na ghuateque que estamos preparando na sede da 13/14!!

Aberto a todas as idades, popular, democrático e científico!!!