POR FÍN TREZECATORZEADORES!!!!
XA ESTÁN AQUI ESES VIDEOS ESPERADOS......bueno en realidade non todos os que pretendía...pero a cousa vai con calma.
Espero que vos gusten, por favor non sexades moi críticos, que aínda que o meu tempo me levou, é a primeira vez que fago isto. (Non son tan especialista como os 240 que quedan por aí)
É a miña obriga recordar, que as imaxes que van ver a continuación poden por en perigo a vosa sensibilidade, polo que rogo que antes de pulsar "play", tomedes todas as medidas necesarias, para que non se vexa afectada a vosa integridade persoal, moral, animal ou a que teñades (acéptanse todo tipo de integridades)
Despois desta pequena introducción......quero levarvos ata un pequeno recordo do venres noite día 9 de maio. Onde os nervios, a chuvia, e outras imprevisibles situacións fixeron que todos estiveramos histéricos, dudosos, susceptibles, graciosos, inxénuos, inconscientes, tolos......entre outras cousas. E todo iso "creo" que se reflexa nesta pequena película.
E por último trezecatorzeadores, un resumo de fotos do día máis grande de todo 2008 , cunha peculiar narración de fondo que predice paso a paso o que vai ocorrer e ocorre!!!
Espero que vos gustara!!!!
Pronto haberá algún video máis dos concerto..