26/1/08

I CONCURSO DE CREACIÓN DE LOGOTIPO E LEMA PARA A ASOCIACIÓN

A Asociación Trezecatorze precisa un logotipo e un lema para identificala polo mundo adiante. Por iso, animamos a tod@s a que participedes neste concurso.


Bases:

1º- Poderase presentar un número indefinido de lemas e debuxos por persoa.
2º- O debuxo e o lema poden non estar relacionados. É dicir, pódense presentar por separado.
3º- Os concursantes poderán: a) publicar os seus traballos no blog como entrada; ou b) contactar con Chiwi(xosepineiro@orange.es).
4º- A data límite de presentación será o sábado 9 de febreiro ás 20:00 horas.
5º- O gañador/a decidirase por votación na próxima reunión.
6º- Haberá premios (como os do Bingo).

Esperamos que colabore o maior número de xente posible, estea en Galicia, España, Francia, Italia, Tailandia, etc...

Moitas gracias por participar e que gañe o mellor!!

Reedición da entrada do martes 22 de xaneiro de 2008

NOVA CONVOCATORIA DE REUNIÓN NA DEVESA
Aínda que neste blog non hai intercambios culturais, mensaxes institucionais de alcaldes, nin anda Polanski botando un ollo... O que si hai é unha interessantísima reunión o próximo venres día 25 ás 23:00 horas, con moitos temas importantes que expoñer, tratar, debater, ...E por suposto os interesados que aínda non sexan trezecatorzeadores e que o queiran ser, poden asistir sempre e cando leven unha fotocopia do DNI (requisito sine qua non para ser socio).

24/1/08

TAIÑA 2008

Xa está aqui o festival máis "entroideiro". Hai que ir por alí e falar cos da asociación que organiza o tema. Dixeronme que son de p.m. E de paso FESTAAAAAAAAAAA !!!!!!!!!!!!!!!!

GOIÁN ACOLLE O V FESTIVAL TAÍÑA O VINDEIRO 2 DE FEBREIRO

Imaxe principal do artigo ou noticia

Por quinto ano consecutivo a Asociación Xuvenil Taíña impulsa unha forma diferente de comezar o Antroido cunha iniciativa que pretende situarse nun posto de referencia dentro da relación de festivais e concertos de inverno. O Festival Taiña está a consolidarse como unha das ofertas máis transversais e interesantes do panorama musical galego. O festival terá lugar na praza da Igrexa de Goián a partires das 22:30h do sábado de Antroido, que este ano cae no 2 de febreiro. Haberá unha carpa e a entrada é gratuita.

Esta edicion deste ano do Festival Taiña trae novidades importantes e unha oferta musical variada como ven sendo habitual neste concerto.

Actuarán en primeiro lugar os CUCHUFELLOS, xente nova e brava que presenta un repertorio formado na súa meirande parte por composicións propias, onde se fusionan estilos coma o rock, o reague, a pachanga e ritmos valcánicos. A continuación saltará ao escenario MOTOR PERKINS, recente proxecto musical, que está a ter grande éxito dentro do circuíto galego de grupos pola súa fusión punk-folk. Por ultimo, rematará a festa GALEGOZ, un experimento de membros do Colectivo Perverso para formar un grupo virtual que fusionara diferentes disciplinas: música electrónica, teatro, vídeo...

A partires das 19:30 comezará a animación de rúa coa charanga Os Veraneantes.

A Asociacion Xuvenil Taiña anima a participacion neste festival do antroido.

Para máis información www.festivaltaina.com.

9/1/08

EN FIN DE ANO ... LUMEEEE

Haí van un aperitivo de fotos (non compremetedoras)






CONVOCATORIA DE REUNIÓN

Convocase a tódolos trezecatorzeadores e a tódos aqueles que queiran selo a unha reunión na Devesa o Sábado 12 ás 22:00 horas para tratar temas importantes.

Nota os que queiran ser socios que traian unha fotocopia do seu D.N.I.