2/10/08

LIMPEZA DO RIO CASELAS O 4 DE OUTUBRO‏

A vindeira actividade da A.C.D.E. Treze Catorze volve a estar relacionada coa ecoloxía, e como no pasado mes de xuño o protagonista volve a ser o río Caselas. E aínda que os tempos sexan monótonos e preguiceiros (como diría o outro) esperamos a máxima participación nesta iniciativa na que colaboraremos con Adega e o Proxecto Ríos.




O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos.

Como novidade nesta campaña de outono estase a organizar unha limpeza simultánea de ríos para o sábado 4 de outubro. A limpeza desenvolverase en colaboración con entidades e concellos que participan no Proxecto Ríos. . Un dos problemas máis salientables que sofren os nosos ríos é a gran cantidade de lixo que aparece nos cauces e ribeiras. Dende o Proxecto Ríos queremos concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos como premisa para a conservación da súa saúde. A limpeza non pasa só por unha actividade illada dun día de retirada de lixo. Para a conservación dos ecosistemas fluviais cómpre desenvolver actitudes responsábeis cara o medio natural e depende de todos/as frear a contaminación que están a sufrir os ríos.





Os interesados (non socios) que queiran participar deben poñerse en contacto con Fran Rey (chamar ao 615421199).

Os socios xa saben a que hora é...

1 comentario:

O presi dijo...

Proximamente, subiremos as fotos que inmortalizan esta xornada de concienciación...... Ummm...... Gústame este nome...