7/2/08

PRÓXIMA REUNIÓN: SÁBADO 9 ÁS 20:00 HORAS NA DEVESA

Os puntos a tratar son os seguintes:

Primeiro: Presentación da Asociación (todas as novas relacionadas con este punto: orzamentos, financiamento, lugar, data, actividades, concerto, etc...)

Segundo: Votación do concurso de creación de logo e lema.

Terceiro: Subvencións.

Cuarto: Perfeccionamento do blog.

Quinto: Invitación da Consellería de Medio Rural a unha xuntanza informativa en Salvaterra sobre o novo programa Leader de desenvolvemento rural de Galiza 2007-2013.

Sexto: Queixas, suxestións, dúbidas, preguntas, respostas, etc,etc ...

.........................................................

E por se alguén dubida de que isto é unha asociación irrenunciablemente apolítica, ahí vai unha letra de Evaristo escrita en 1985 pero que segue plenamente vixente e que non deberiamos esquecer nunca:

EL CONGRESO DE RATONES
"Señores diputados, la situación es extremadamente grave.
Debemos hacer un consenso para meterlo dentro de un marco,
¡Qué monada!
Como primer punto del orden del día, actualizaremos nuestro sueldo.
Como segundo punto bajaremos el de los demás."
Qué felices son haciendo el mamón,
Siempre en nombre de la razón;
Y su libertad vigilada por los cañones del capital.
Estáis todos acojonaos por el ejército y vendidos a todos los banqueros,
camuflando en democracia este fascismo,
Porque aquí siempre mandan los mismos.
Un congreso de ratones podíais formar.
No representáis a nadie.
¿Qué os creéis? ¿A quién queréis engañar?
Quiero soberanía personal,
mi representación soy sólo yo
y nada me puede obligar
con vuestra constitución.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

ACTA DA REUNIÓN DO 9 DE FEBREIRO DE 2008.

1ºPunto: Tomáronse decisións definitivas en canto ao tema da presentación. O día do evento será o 10 de maio. O lugar elexido foi o torreiro da Concepción (ou na Devesa no caso de que chova).
Para financiar a presentación falouse de dúas posibles opcións: vender rifas e vender camisetas co logo e lema da asociación elexido impreso. Na próxima reunión decidirase a cantidade de rifas e camisetas que encargaremos para vender.

2º Punto: O concurso de logos e lemas ampliouse dúas semanas máis polo que será na próxima reunión cando se elixa o lema e logo gañador.

3º Punto: Existen dúas subvencións que solicitaremos cando sexa o momento: subvención do Concello de Salceda de Caselas e subvención da Xunta.
Ademáis, o fin de semana do 15 de febreiro temos en Vilagarcía unha xuntanza coa Dirección Xeral de Xuventude para informarnos de como financiarnos.

4º Punto: Informouse a tódolos socios de como poder acceder ao blog e animouse a que se utilizase como medio de comunicación para mellorar o funcionamento da asociación.

5º Punto: Informouse aos socios asistentes da Invitación da Consellería de Medio Rural a unha xuntanza informativa en Salvaterra sobre o novo programa Leader de desenvolvemento rural de Galiza 2007-2013. Uns cantos socios decidiron asistir e na próxima reunión explicarán o que alí se falou.

6º Punto: Non se formulou ningunha pregunta nin queixa.

A reunión trascorreu sen ningún incidente coa novidade de que temos unha nova socia. A asistencia foi alta.

Saúdos e ata a próxima.

Anónimo dijo...

´"... unha asociación irrenunciablemente apolítica "
OJALÁ